Artigo 11º.- Xornadas hábiles.
Con carácter xeral, decláranse os luns como inhábiles para a pesca, agás festivos nacionais ou autonómicos.
Nos coutos de pesca serán tamén inhábiles os xoves, agás festivos nacionais ou autonómicos.
Nos tramos do río Navia compartidos con Asturias e nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso serán inhábiles os xoves, agás festivos nacionais.
Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e mais nos encoros en que se autoriza a pesca de ciprínidos e perca negra durante todo o ano (anexo VII) serán hábiles todos os días da semana para a captura destas especies.