Artigo 3º.- Normas para a pesca da troita.
1. Períodos hábiles.
a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
c) Cabeceiras de ríos de montaña do anexo IV desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
d) Coutos e tramos de pesca sen morte: do 18 de marzo ao 30 de setembro.
e) Coutos de pesca intensiva: do 18 de marzo ao 30 de setembro.
f) Coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: do 20 de maio ao 15 de agosto.
g) Tramo do río Navia compartido con Asturias: do 18 de marzo ao 15 de agosto.
h) Outras masas de auga: do 18 de marzo ao 15 de agosto.
i) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): non se autoriza a captura da troita común (Salmo trutta).
2. Dimensións mínimas e cotas de captura.
a) Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 17 cm con carácter xeral, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.
Cota máxima de captura por persoa e xornada: 10 exemplares, sen prexuízo das normas específicas que se establecen neste mesmo artigo para determinadas masas de auga.
b) Normas específicas en masas de auga do anexo V: dimensión mínima 19 cm ou 21 cm, e cota de 10 e 8 exemplares por persoa e xornada, respectivamente.
c) Normas específicas en toda a masa de auga dos encoros dos anexos VI e VII: dimensión mínima 23 cm e cota de 5 exemplares por persoa e xornada.
d) Normas específicas nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso: dimensión mínima 25 cm e a cota de 8 troitas ou reos por persoa e xornada.
e) Nunha masa de auga concreta non se poderá estar en posesión de troitas de menor tamaño que o autorizado, mesmo cando fosen pescadas noutro lugar, agás no caso de que se estea de paso, con todos os aparellos e engados recollidos e, de ser o caso, as canas pregadas.
f) Nos ríos en que haxa troita e máis reo, só se poderá capturar un número de pezas igual ao da cota da troita, das cales un máximo de 5 exemplares poderán ser reos, coa excepción antes sinalada nos coutos de Abres, A Pontenova e San Tirso.
g) Os salmónidos procedentes de fuxidas accidentais de centros de acuicultura, caso da troita arco da vella (Oncorhynchus mykiss), poderán ser capturados sen límite no tamaño mínimo nin na cota de captura.
3. Engados.
a) Engados artificiais autorizados: mosca artificial, culleriña e peixes artificiais e semellantes.
b) Engados naturais autorizados: todos os engados naturais agás todo tipo de ovas de peixes e o peixe natural vivo, morto ou en anacos. Os engados naturais só poderán empregarse con anzois de dimensións maiores ou iguais que as que se sinalan no anexo I desta orde.
c) Prescricións especiais para engados artificiais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: a culleriña e mais os peixes artificiais e semellantes só poderán empregarse con sedela monofilamento dun diámetro menor ou igual a 0,2 mm. A culleriña terá un tamaño máximo de 6,5 cm, medidos entre a argola superior e a curvatura do anzol. Do 1 de xuño ata a fin da tempada prohíbese a culleriña nos tramos salmoneiros dos ríos Eo e Landro, e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro). No mesmo período e no tramo do río Eo antes sinalado, prohíbense tamén os peixes artificiais e semellantes.
d) Prescricións especiais para engados naturais nas masas de auga salmoneiras do anexo II: unicamente se autorizan a mosca natural, o saltón, o grilo, o besbello (larva de odonato) e mais a gusarapa ou bechoco (larva de efemeróptero). Estes engados naturais autorizados unicamente poderán empregarse a floreo (en superficie). No tramo salmoneiro do río Landro e mais no tramo do río Masma augas abaixo da Ponte da Cazolga (límite superior do couto de Celeiro) prohíbense os engados naturais.
e) Outras prescricións especiais para engados naturais: no anexo VIII establécense as masas de auga en que se prohibe o engado natural a partir do 1 de xullo. No caso do tramo do río Navia compartido con Asturias, o engado natural prohíbese a partir de 1 de xuño. Outras prescricións especiais para engados naturais recóllense nos réximes especiais do anexo X.