Artigo 16º.- Pesca sen morte.


Nos coutos e tramos de pesca sen morte rexerán as seguintes normas:
- Autorízanse unicamente a mosca artificial nas súas distintas modalidades e a culleriña cun só anzol e sen arponciño, quedando prohibido para todos os efectos o engado natural.
- Todas as capturas deberán ser devoltas á auga inmediatamente despois da súa extracción.
- Non se poderá ter ningún peixe, aínda que fose pescado noutro tramo.
- Os mércores poderán reservarse os permisos de couto para actividades educativas, solicitadas por entidades interesadas na mellora do medio fluvial. Nestes casos expediranse os permisos gratuitamente, podéndose ampliar o número máximo de permisos por causas xustificadas.