Artigo 14º.- Canas de pescar e utensilios auxiliares.
a) De conformidade co disposto no artigo 51 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, para a pesca de salmónidos en tramos de ríos só se permite o emprego dunha cana por persoa e dunha sacadeira ou un lazo como elemento auxiliar.
b) Para a pesca desde embarcacións só se poderá empregar unha cana por persoa, autorizándose un máximo de tres canas por embarcación, aínda que o número de persoas embarcadas sexa maior.
c) Nas zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002) e nos encoros que se relacionan nos anexos VI e VII desta orde, autorízase o emprego de dúas canas desde a beira e a unha distancia máxima do pescador ou pescadora de tres metros.