4. Réxime especial da angula ou meixón.


A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes normas:


- Período hábil: do 1 de novembro ao 31 de marzo.
- Masas de auga autorizadas: zonas de desembocadura das provincias de Lugo e A Coruña (anexo do Decreto 282/2002), coa excepción do río Eo.
- A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.
- Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para todos os efectos a pesca desde embarcación.
- A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.
- En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da tempada de pesca da angula ou meixón e protexer o recurso.