1. Períodos hábiles.


a) Masas de auga salmoneiras do anexo II desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
b) Masas de auga de reo do anexo III desta orde: do 1 de maio ao 15 de agosto.
c) Zonas de desembocadura (anexo do Decreto 282/2002): todo o ano.
d) Río Eo: vedada.
e) Outras masas de auga: do 18 de marzo ao 15 de agosto.

2. Dimensións mínimas.


Para os efectos do disposto no artigo 20 da Lei de pesca fluvial e no 71 do seu regulamento, fíxase unha dimensión mínima de 20 cm.

3. Engados.


Con carácter xeral, prohíbense aqueles engados e tamaños de anzol prohibidos para salmónidos na mesma masa de auga e no mesmo período.

4. Réxime especial da angula ou meixón.


A pesca da angula ou meixón rexerase polas seguintes normas:
- Período hábil: do 1 de novembro ao 31 de marzo.
- Masas de auga autorizadas: zonas de desembocadura das provincias de Lugo e A Coruña (anexo do Decreto 282/2002), coa excepción do río Eo.
- A pesca efectuarase durante as seis horas de subida da marea nocturna, desde o quinto día anterior á lúa nova ata o quinto día posterior, isto é, durante 11 noites consecutivas.
- Só se autoriza a captura desde terra, quedando prohibida para todos os efectos a pesca desde embarcación.
- A única arte autorizada é o trueiro ou cribo, cun diámetro máximo na boca de 70 cm.
- En función da evolución da tempada, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, por proposta do Servizo Provincial de Conservación da Natureza, poderá restrinxir a pesca nunha ou varias zonas, establecer cotas de captura, modificar as datas da campaña ou establecer cantas normas complementarias sexan precisas para garantir o correcto desenvolvemento da tempada de pesca da angula ou meixón e protexer o recurso.